PRAZA DO MAR

Ver
  • Luís Rei

    Son un pontevedrés ó que lle gusta imaxinar outra realidade, xusta e de persoas libres, ás que non lles resulte imposible realizar os seus proxectos cando envorcan neles o seu talento e os mellores esforzos. Son un pontevedrés que quere vivir nunha cidade de prazas e rúas limpas, de casas confortables en espazos ordenados, con transporte público eficiente en frecuencias e tarifas e onde a xestión do común se faga desde o común. Son un pontevedrés que loita por recuperar a ría e os tres ríos, liberados da cadea perpetua ó veleno, e mais por conseguir que os residuos de todos non sigan sendo o pesadelo de moitos, cos que temos unha débeda histórica. Son un pontevedrés que quere encabezar, desde a unidade popular, o equipo que faga por fin os deberes que dúas longas alcaldías (a segunda, cunha lonxitude de casta) preferiron deixar posposto. Son, en suma, un galego que aprendeu a renderse incondicionalmente, canda Manuel Moldes e César Portela e moitos máis amigos benqueridos ante a emanación dun nome de dez letras: Pontevedra!

Que fago

A miña actividade recente