Oficio de escribir

OFICIO DE ESCRIBIR

Reúne este volume longas entrevistas aparecidas, a dobre páxina, no Faro de Vigo entre os anos 1984 e 1985. Repasan nelas a súa traxectoria unha ducia de figuras fundamentais do “canon galego”, en todos os seus xéneros. Nomes como Uxío Novoneyra, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Ramón Piñeiro, Carvalho Calero ou Neira Vilas.