Renda Social Municipal

As persoas son o valor central da sociedade e, no seu beneficio, trabállase desde o individual ao colectivo, e viceversa, na procura da maior calidade de vida da cidadanía. Por iso hai que investir nas persoas, sobre todo naquelas empobrecidas e excluídas socialmente para garantir o dereito a vivir con dignidade.

A renda social é unha prestación económica para facer fronte dun xeito digno ao pago de necesidades básicas como son a alimentación, vestiario, teito, pago de suministros básicos do fogar, materiais escolares… As axudas de emerxencia social municipal (AES), son prestacións económicas non periódicas para paliar situacións de urxencia social, fronte a renda social municipal que ten como finalidade modificar situacións de necesidade como apoio a inclusión social.

Esta prestación está pensada para mellorar a vida das persoas que non teñen ingresos económicos suficientes para afrontar as necesidades básicas e que, por tanto, se atopan nunha situación de risco ou exclusión social.

Ver moción