Transporte Público Urbano

Que un concello lles ofreza aos seus veciños un sistema de transporte é unha das mellores cousas que pode facer se de verdade pensa no ben común. Por iso a lei lles obriga a teren buses urbanos aos concellos de máis de 50.000 habitantes ou capitais de provincia; cousas, ambas, que se dan en Pontevedra.

Emendando aos partidos que levan toda a vida desentendéndose diso, e, sobre todo, para dar solución a unha necesidade de Pontevedra, Marea propón a creación dunha liña urbana. Sería circular, con autobuses eficientes e ecolóxicos, frecuencias axeitadas e servizos preferentes a Montecelo, Monte Porreiro e o Campus.

Sería tamén a primeira e máis visible realidade da empresa Transporte Urbano de Pontevedra, de xestión pública e para coordinar a necesaria expansión posterior. É dicir: liña circular e TUPSA.

Marea Pontevedra ten un plan de transporte á medida da cidade. Só con Marea no goberno, Pontevedra collerá o autobús.